Músico
galego da guitarra, creador de historias, pensador, compositor e
autor de 5 traballos editados :
- No 2000 veu a luz “O Sol que vai chegar”, primeiras once composicións editadas con música e letra de Xavier Mugardos.
- “É aí” saíu no 2002, tempo en que “Mugardos” é quinteto que soa en Galicia toda, Madrid, Zaragoza, Bilbao...
- No 2008, con Natalia Carossi, “Cantos das Dúas Beiras”, irmanamento poético e musical entre as linguas e culturas galega e guaraní.
- Na actualidade prepara o seu sexto traballo, só de guitarra, con arranxos propios de músicas populares galegas e composicións inspiradas no repertorio tradicional.
Mugardos
profesor de
guitarra.
Aprendiz
de San Luís no Conservatorio Histórico de Santiago e de Miguel
Tranquilo en Ferrol, sendo un adolescente percorreu xa as verbenas de
Galicia da man de seu padriño coa Orquestra “Los Nardos”, de
Ferrol.
Madurou
musicalmente no Brasil a comezos dos anos noventa. Dende o seu
regreso a Galicia é recoñecido profesor de guitarra con capacidade
para transmitir a paixón polo instrumento:
- Taboada. Concello de Taboada. 1995 a 1997
- Portomarín. Concello de Portomarín. 1996 a 1997
- Carballo. Asociación Cultural “Alfredo Brañas”. 1997 a 2003
- Cesures. Concello de Cesures. 2007
- Compostela. Asociación Cultural “Alfaia”, en Fontiñas. 1997 a 2011.
- Colonia Avellaneda. Municipalidad de Colonia Avellaneda, Entre Ríos, Arxentina. 2011-2012
Logo
de presentar o disco “Cantos das Dúas Beiras” en Alemaña,
Portugal e Galicia, botou dous anos en Arxentina de xira creativa coa
prestixiosa cantante, compositora, bailarina e pedagoga santafecina
Natalia Carossi, con concertos en Rosario, Paraná, Santa Fe,
Crespo...
No hay comentarios:
Deixa o teu comentario