martes, 14 de mayo de 2013

Galicia, país das letras

É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais vencellados coa lingua, co patrimonio inmaterial e coa literatura galega a nenos/as de Primaria.
 A relación cos contidos curriculares das áreas de literatura e lingua galegas e de educación física son manifestas, pero tamén se traballan aspectos e contidos procedimentais e actitudinais a través da proposta de actividades e de maneira continuada: o traballo en equipo, o desenvolvemento da creatividade, a expresión oral e musical, a revaloración do patrimonio inmaterial galego... estarán presentes e son o valor engadido de 'Galicia, país das letras'. 
A través dunha posta en escea teatral e con formato de gran feirón, os educadores/as propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo. 
Na convocatoria deste ano 2013, engadimos probas que traballan a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, polo que 'Galicia, país das letras' tórnase como proposta ideal para celebrar esta especial data.


No hay comentarios:

Deixa o teu comentario