martes, 14 de mayo de 2013

Galicia, país das letras

É un proxecto que procura achegar dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais, contidos culturais vencellados coa lingua, co patrimonio inmaterial e coa literatura galega a nenos/as de Primaria.
 A relación cos contidos curriculares das áreas de literatura e lingua galegas e de educación física son manifestas, pero tamén se traballan aspectos e contidos procedimentais e actitudinais a través da proposta de actividades e de maneira continuada: o traballo en equipo, o desenvolvemento da creatividade, a expresión oral e musical, a revaloración do patrimonio inmaterial galego... estarán presentes e son o valor engadido de 'Galicia, país das letras'. 
A través dunha posta en escea teatral e con formato de gran feirón, os educadores/as propóñenlle aos nenos e nenas participantes unha serie de retos que van ter que superar, de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo. 
Na convocatoria deste ano 2013, engadimos probas que traballan a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, polo que 'Galicia, país das letras' tórnase como proposta ideal para celebrar esta especial data.


Ler máis...

O artista e os Papalagui. Vidal Bolaño


"O Artista e os Papalagui"

Sesión didáctica sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, que pon en escena unha adaptación dun dos últimos textos que representou este grande do teatro galego.

É parte do proxecto NA VOZ DA XENTE. Lembranzas de Roberto Vidal Bolaño (co que XANDOBELA xestión e dinamización sociocultural, conmemora cada ano o Día das Letras Galegas)
Proxectos NA VOZ DA XENTE
Ano 2012
Xincana Literaria Valentin PazAndrade Na Voz Da Xente


Uns instantes da súa actuación


Ler máis...

domingo, 12 de mayo de 2013

A historía do gran de millo


A historia do gran de millo, parrulo feo dos nosos tempos, ilustrada por Rooster e editada por Sotelo Blanco
ISBN    978-84-7824-577-2
Ilustracións de Rooster
Col. Bolboreta, 10. Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2009


Ler máis...

Selo de Galegos Ilustres en todos os espectáculos

*Guitarra e Voz 
 *Músicas e textos orixinais 
 *Son ao vivo, acústico (sen amplificación) 
 *A partir de 7 anos, preferentemente
 *Todos os espectáculos teñen varios niveis de lectura, con mensaxes aptas para todas as idades 
 *Todos os espectáculos poden ser representados en diferentes linguas. En Galicia, en galego


NECESIDADES TÉCNICAS: 
-Sala con boas condicións acústicas 
-Unha cadeira sen brazos 
-Un público que queira e poida escoitar, ata encher o aforo
Ler máis...

Nai berrona


O Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, que recoñece aos máis grandes artistas da literatura infantil e xuvenil internacionais, foille entregado no 2010 en Compostela a Jutta Bauer.


 XANDOBELA artellou en Setembro daquel ano unha intensa programación infantil na Obra Social de Caja madrid de Compostela, que alén de actividades en torno ás súas obras Sinxelamente ti, Bonna Nox e a Raíña das Cores, contou coa representación dun espetáculo baseado en Nai Berrona por parte do GI que contou coa emocionada asistencia da autora xermana.
Ler máis...

Contos clásicos


Contos de onte, agora e sempre... contados hoxe

Clásicos populares con perspectiva de xénero

Contos tradicionais do mundo enteiro

Resposta do GI a iniciativa do Servizo de Igualdade do Concello de Caldas de Reis, dende 2012

Ler máis...

Historía de PortuGaliza

A Historia de Galicia dende a orixe dos tempos.
  O nacemento do galego e da lusofonía, a poesía.
  Berce da Saudade.
  Versións desta historia xa foron faladas polo GI en Galicia, Portugal, Brasil...
Historias de PortuGaliza en Compostela.
PortuGaliza final
Ler máis...

Ilustres das Letras

Contacontos artístico-educativo dando vida aos persoeiros das nosas letras
 Xa fixemos espectáculos completos adicados a Lorenzo Varela, Manuel Lugrís Freire, María Mariño, Xose Manuel Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade... e traballamos neste presente a figura e obra de Rosalía de Castro e de Roberto Vidal Bolaño.
 Resposta do GI a iniciativa de XANDOBELA, SNL de Vigo, VERBUM casa das palabras, Editorial Galaxia, Concello de Ames... cada ano dende 2006
Ler máis...

Visita de Galegos Ilustres

O que non se fala, esquécese. O que se esquece deixa de existir... Diálogo entre Mort@s e Viv@s, con cor... Encontros entre a voz dos devanceiros e as mulleres e homes de mañá

 Resposta do GI á iniciativa da rede de normalización lingüística dos centros de secundaria da área de Compostela, dende 2002.
Ler máis...

Rosalía, unha meniña

Ficción poética da biografía de Rosalía de Castro a modo de conto clásico sobre un clásico da literatura galega e universal Música, poesía e maxia Tod@s somos Rosalía Resposta do GI á iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co gallo de conmemora-lo 150 aniversario de "Cantares Gallegos", dende 2013
Ler máis...

Historias e contos

GALEGOS ILUSTRES
Cultura, aprecio, poesía, sentidiño, paz e fraternidade universal son algúns dos valores que GALEG@S ILUSTRES leva transmitindo dende 2002 a través de contacontos musicados en centos de centros de ensino e locais culturais de toda Galicia e parte de Portugal.
Ver  GI.
Ler máis...

Actividades culturais


GALEG@S ILUSTRES, consciente da crecente violencia que os medios de descomunicación transmiten á opinión pública –e logo de moito falar, pois falando enténdense as persoas- decide facer unha investigación: realizaranse visitas ó mundo d@s viv@s para coñecer de primeira man o sentir d@s mozos e mozas.


GALEG@S ILUSTRES realiza visitas a centros de ensino, bibliotecas, casas da cultura e auditorios de Galicia e Portugal, para intercambiar impresións coa poboación, nunha actividade artística, entretida e pedagóxica para pequen@s e para grandes tamén.
Ler máis...

Choran os homes?

O tema é “Choran os homes?”. Os contos do Doutor Aimoré, que sanda os males escoitando e con dóces palabras, son o fío condutor deste canto á tenrura.
En torno ao conto “O Meniño Nito” e lembranzas de Umberto Eco, Galeg@s Ilustres desenvolve un espectáculo de 45 minutos de duración, apto para tódolos públicos e indicado para 7 anos.
 O meniño Nito, editado por Baía Edicións na Coleción Contos da Igualdade, é autoría de Sonia Rosa e ilustracións de Macus Romero.
 Colección "Contos da igualdade": historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia de asignar roles estereotipados a nenas e nenas. Iniciativa con cargo ao Fondo Social Europeo e co apoio do Instituto da Muller.
 NECESIDADES TÉCNICAS:
 - unha cadeira sen brazos.
 - dado que o instrumento é acústico, para o bo desenvolvemento do espectáculo cómpre un espazo tranquilo coas condicións sonoras axeitadas.
Ler máis...

Visita do músico ilustre e do señor ilustre

GALEG@S ILUSTRES recolle a voz d@s devanceiros, interactuando entre a vida cotiá e a maxia con música, alegría, sentidiño e vontade de paz.
 Dende que no 2002 respondeu a unha demanda das equipos de normalización lingüística dos IES de Compostela a pé de aula, Galeg@s Ilustres leva visitado máis dun cento de centros de ensino de primaria e secundaria nas catro provincias galegas.
 O fluir da información é considerado vital dende Galeg@s Ilustres. Aproveitase a visita para aprender a escoitar e a falar, aportando coñecementos que poidan importar. Falamos con música da Terra do Universo e de educación para a Paz.
        Temas como o botellón, a violencia nas aulas, a historia de Galicia... poden ser obxecto de serio debate e lúdica interacción confluíndo en maxia e cor.

 NECESIDADES TÉCNICAS:
 - unha cadeira sen brazos
- unha pizarra, encerado ou similar
- dado que o instrumento é acústico, para o bo desenvolvemento do espectáculo cómpre un espazo tranquilo coas condicións sonoras axeitadas. As Visitas do Consello de Galeg@s Ilustres preséntanse en forma de espectáculos, de habitualmente 45 minutos de duración
Ler máis...

Homenaxe aos ilustres devanceiros

Alén das habituais visitas aos centros, Galegos Ilustres colabora na divulgación da vida e obra dos persoeiros homenaxeados co gallo das Letras Galegas. Colabora con XANDOBELA. Xestión e dinamización sociocultural no proxecto “... na voz da xente”: Proxectos “Lorenzo, Varela / M.Lugrís Freire / María Mariño / ABZ na Voz da Xente”. 

 Na actualidade:
 - A Filosofía de Ramón Piñeiro (en elaboración) 
- X.M. Álvarez Blázquez 
- Visita de María Mariño 
- MLF e o discurso de Betanzos 

 NECESIDADES TÉCNICAS: - unha cadeira sen brazos - dado que o instrumento é acústico, para o bo desenvolvemento do espectáculo cómpre un espazo tranquilo coas condicións s
onoras axeitadas
Ler máis...

sábado, 11 de mayo de 2013

Xan e Perillán ou a boina roída

Xan e Perillán son moi iguais, mais tamén poden ser moi distintos...
 Un canto de amor á Terra e á diversidade no ecosistema.
 Apto para idade de 5 anos en diante.
 Elaborouse este conto respondendo a unha demanda para as campañas de prevención de incendios “Non queimes o monte” da Consellaría de Medio Rural, para visitar centros de infantil e primaria no curso 2006-2007. Esta campaña ampliouse para a idade adolescente co nome “Non queimes o futuro” nos acampamentos da Dirección Xeral de Xuventude na Campaña de Verán 2007. Dende aquela percorren o país no verán e en primavera falando do tesouro de coidar con amor a terra.

 NECESIDADES TÉCNICAS:
- unha cadeira sen brazos
- unha mesa grande ou similar - dado que o instrumento é acústico, para o bo desenvolvemento do espectáculo cómpre un espazo tranquilo coas condicións sonoras axeitadas.

Ler máis...

O misterio de Xela

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade da Muller e o Home acode para actividades nos Centros de Información á Muller CIM, do 2º semestre 2007 a  Galeg@s Ilustres para lle por voz ó conto Xela volveuse Vampiro, de Fina Casalderrey, Baía edicións, 2007.
O espectáculo O MISTERIO DE XELA do Consello d@s Galeg@s Ilustres inclúe unha adaptación escénica do conto Xela volveuse Vampiro, de Fina Casalderrey.
 O amor, a violencia e a violencia de xénero son algúns dos temas tratados nesta proposta escénica axeitada para de 8 anos en diante.
 É un tenro canto para que as persoas sorrían e con corazón nobre e puro sexan elas mesmas, refugando das tensións nas nosas vidas. Unha Ilustre Danzante acompaña nesta ocasión ao Músico e Señor Ilustres, fundindo ambas beiras do Atlántico en músicas galego-guaranís.
No espectáculo O Misterio de Xela Galeg@s Ilustres contou coa inestimable participación da cantante, bailarina e poeta Natalia Carossi, provinte do Paraná arxentino, quen cantou en linguas galega e guaraní.
 Fusión de culturas coa actuación a dúo de Xavier Mugardos e Natalia Carossi 'Keresú' en Oliveira
Guitarrita español en Paraná
Cando o canto enlaza arte e compromiso
Canto das dúas beiras

NECESIDADES TÉCNICAS:
 - unha cadeira sen brazos
- dado que o instrumento é acústico, para o bo desenvolvemento do espectáculo cómpre un espazo tranquilo coas condicións sonoras axeitadas
Ler máis...

Compoñentes ilustres


O Músico Ilustre é Xavier Mugardos, autodidacta da guitarra e poesía que aprendeu a musicar aprendéndolle ós meniños e escoitando a natureza, conta con non poucos traballos orixinais recollidas en 5 discos. É a escenografía sonora.
 O Señor Ilustre é Brais Fernandes Álvares, educador sociocultural adicado á didáctica da cultura dende Compostela con grandes e pequen@s.
 A Boa Fada que acompaña nesta ocasión é Natalia Carossi, Ilustre Danzante e Voz, colabora c@s Galeg@s Ilustres fundindo ambas beiras do Atlántico en músicas galego-guaranís. Aquelando na trastenda, fuchicando entre xogos e quen sabe que outras cousas raras, está o Argallán Ilus tre, Hugo Lage. É a Memoria.
Ler máis...

Xavier Mugardos


XAVIER MUGARDOS xavier.mugardos@hotmail.com Telf: (34) 722142364

          Músico galego da guitarra, creador de historias, pensador, compositor e autor de 5 traballos editados :
  • No 2000 veu a luz “O Sol que vai chegar”, primeiras once composicións editadas con música e letra de Xavier Mugardos.
  • É aí” saíu no 2002, tempo en que “Mugardos” é quinteto que soa en Galicia toda, Madrid, Zaragoza, Bilbao...
  • No 2004 xorde “Son da Terra”, traballo máis maduro, musical e poeticamente.
  • No 2006 “Un Feixe”, o primeiro traballo onde as cancións se presentan ao mundo coa voz de Xavier.
  • No 2008, con Natalia Carossi, “Cantos das Dúas Beiras”, irmanamento poético e musical entre as linguas e culturas galega e guaraní.
  • Na actualidade prepara o seu sexto traballo, só de guitarra, con arranxos propios de músicas populares galegas e composicións inspiradas no repertorio tradicional.
            Mugardos profesor de guitarra.
Aprendiz de San Luís no Conservatorio Histórico de Santiago e de Miguel Tranquilo en Ferrol, sendo un adolescente percorreu xa as verbenas de Galicia da man de seu padriño coa Orquestra “Los Nardos”, de Ferrol.
Madurou musicalmente no Brasil a comezos dos anos noventa. Dende o seu regreso a Galicia é recoñecido profesor de guitarra con capacidade para transmitir a paixón polo instrumento:
  • Taboada. Concello de Taboada. 1995 a 1997
  • Portomarín. Concello de Portomarín. 1996 a 1997
  • Carballo. Asociación Cultural “Alfredo Brañas”. 1997 a 2003
  • Cesures. Concello de Cesures. 2007
  • Compostela. Asociación Cultural “Alfaia”, en Fontiñas. 1997 a 2011.
  • Colonia Avellaneda. Municipalidad de Colonia Avellaneda, Entre Ríos, Arxentina. 2011-2012
Logo de presentar o disco “Cantos das Dúas Beiras” en Alemaña, Portugal e Galicia, botou dous anos en Arxentina de xira creativa coa prestixiosa cantante, compositora, bailarina e pedagoga santafecina Natalia Carossi, con concertos en Rosario, Paraná, Santa Fe, Crespo...
Ler máis...

Brais Fernandes


BRAIS FERNANDES    brais@xandobela.info   Telf: (34) 663007395


Licenciado en Historia e Especialista en Teoría e Práctica da Interpretación, na Universidade de Santiago de Compostela, USC, 1993, 2000

Monitor de Actividades de Lecer e Tempo Libre dende1993, Escola ALENTO

Membro da Asociación Xuvenil e Cultural ITACA, Compostela, Galiza, dende 1996

Membro fundador da SL XANDOBELA xestión e dinamización sociocultural, 2005
Responsable da Aula de Teatro Municipal “Ánxel Casal” de Arzúa, 2003-2012

Responsable teatral do proxecto Portugaliza.eu, que xuntou mozos e mozas da euro-rexión Galiza-orte de Portugal durante 2010 e 2011 Historias de Portugaliza en CompostelaPortugaliza Final

Charlas dramatizadas sobre a figura dos persoeiros homenaxeados o Día das Letras Galegas, coa Editorial Galaxia, dende 2006 file:///C:/Users/Aleghria%20e%20Lume/Aleghria%20e%20Lume/CGI/info/ribeira.htm

Formador en políticas europeas de xuventude e educación non formal http://trainers.salto-youth.net/BraisFernandes/

Responsable de grupo en intercambios xuvenís nos programas Youth for Europe, Youth  e Youth in Action, en Bélxica, Francia, Lituania, Galicia, Italia, Portugal e Eslovenia CJ King Midas nowadays

Educador en acampamentos educativos, campos de traballo internacionais e campamentos transfronteirizos entre Galicia e Portugal
Experiencia nos programas de Aprendizaxe ao Longo da Vida da Dirección Xeral de Cultura da CE. Encontros de asociacións de aprendizaxe Grundtvig para a formación permanente de adultos, en Polonia, República Checa, Grecia, Alemaña, Estonia, Letonia, Eslovenia, Galicia, Portugal... Books 21

Conferenciante convidado pola Faculdade de Letras da Universidade de São Paulo, Brasil, 2012

Ludotecario itinerante coa eira xandobeleira de troula en troula
Picasaweb de "DeTroulaEnTroula" Ludoteca Itinerante para xogar en familia
Grandtreasures



Ler máis...